jueves, 4 de abril de 2013

ALFABETIZACIÓN DIXITAL E COMPETENCIAS FUNDAMENTAIS

Recomendo ler este interesante artigo sobre alfabetización dixital e comptencias fundamentais.


Neste artigo faise referencia a importancia de construir un entorno no que prime a colaboración e interrelación dos equipos en torno a un proxecto común empregando as novas ferramentas dixitais. É importante ter claro o carácter de FERRAMENTAS dos novos recursos audiovisuais e dixitais, e como tales deben estar a disposición dun proxecto educativo e non ó revés.

Neste sentido tamén pode ser de interese o artigo da web chaval.es sobre o sentido de educar na sociedade dixital.

domingo, 31 de marzo de 2013

DIA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

DIA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA

Para celebrar o "Día da árbore" e o "Día da poesía" elaboramos uns poemas e escribímolos en flores que colgamos na nosa árbore da biblioteca. Grazas a todos por participar nesta actividade.


miércoles, 27 de marzo de 2013

LENDO A ROSALÍA DE CASTRO

Perdón pola tardanza. Así celebramos os 150 anos de "Cantares Galegos" na nosa escola.
Grazas a todos por participar, especialmente ás nais que viñeron a compartir cos seus fillos e fillas esta actividade na que tamén participaron.  



jueves, 14 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA


Este ano celebramos a semana da prensa con dúas actividades: Unha exposición sobre todo o que podemos facer cun xornal despois de lelo e un coloquio cun grupo de xornalistas de diferentes medios.
No primeiro dos casos o resultado foi impresionante polo traballo e creatividade. Agradecer ás familias polo interese amosado e a resposta a esta actividade. Aqui podedes ver algúns:

TODO O QUE PODEMOS FACER CUN XORNAL DESPOIS DE LELO on PhotoPeach


Agradecer a presenza de Gonzalo García (reporteiro gráfico), Meli Fandiño (xornalista, locutora de radio e presentadora de televisión) e Antón Xil (xornalista en medios escritos e dixitais vinculado á dirección dos mesmos) no noso centro para aportarnos unha visión máis directa da función da prensa na nosa sociedade.

ENCONTRO CON XORNALISTAS NA SEMANA DA PRENSA on PhotoPeach

domingo, 3 de marzo de 2013

Stéphane Hessel

O 27 de febreiro morreu Stéphane Hessel. No cumio dos noventa anos conseguiu que o seu nome fora coñecido por mozos e mozas de todo o mundo. A súa voz chegou a todos a través dun pequeno libro que baixo o título de INDIGNÁDEVOS! aportábanos as reflexións dunha longa vida, rica en experiencias e loita pola democracia e o ben común. Acompañouno José Luís Sampedro no prólogo da versión en castelán e Manuel Rivas á edición en galego da man de Kalandraka. Xente, tamén de ben. Foi unha lección, esa derradeira lección do mestre da que falaba Castelao, tendendo a man ás xeracións novas cando semellaba que ninguén se atrevía a facelo ou non tiña o valor moral de enfrontalo. Por iso compre lembralo, a el, a Sábato... e desexarlle longa vida a José Luís Sampedro (outro imprescindible). 
De paso, é importante ter en conta o valor do texto corto que dun xeito moi ameno ábrenos a novas experiencias.  Lembrade que na nosa biblioteca contamos cun exemplar para todo/a aquel/a que queira lelo.





lunes, 25 de febrero de 2013

Rosalía de Castro. 150 anos de Cantares Galegos

    De cara á lectura continuada da obra "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro do próximo mércores 27, á que están invitados a participar todos aqueles pais e nais que o desexen (entre as 9´15 e as 13´30 horas na Biblioteca do centro), subimos este traballo sobre a súa vida e obra.


viernes, 22 de febrero de 2013

Taller de corazóns

Este ano atopamos un fermosísimo libro titulado "Taller de corazóns" da editorial OQO, escrito e ilustrado por Arturo Abad & Gabriel Pacheco. Gustounos moito e pensamos en facer algo especial con el para dalo a coñecer entre o noso alumnado e tamén profesorado, pais e nais, por suposto. Grazas á colaboración de Mar, Sofía e Joaquín puidemos facer este traballo. A nosa intención era telo listo de cara ao día dos namorados, pero aínda que cheguemos un pouco tarde agardamos que vos guste.


miércoles, 20 de febrero de 2013

NORABOA Á EDITORIAL KALANDRAKA

Noraboa á editorial Kalandraka polo premio concedido pola Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en recoñecemento da súa labor editorial e cultural.
 Esta editorial tan próxima a nós contribuiu en gran medida á revolución do libro infantil e xuvenil tanto nos seus contidos coma na ilustración. Coa súa aposta por títulos como "O coelliño branco" ou "Os tres bandidos", por citar dous exemplos dos moitos que poderíamos dicir axudaron a creación de novos lectores.
GRAZAS
"Kalandraka iniciou a súa traxectoria editorial o 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998. O panorama da edición en galego presentaba, daquela, algunhas eivas: o álbum infantil ilustrado, de gran tradición e prestixio noutros países europeos, era inexistente en Galicia. Kalandraka apostou decididamente por ese formato para ofrecerlles aos lectores uns libros diferentes, atractivos e enriquecedores. Xurdiron entón as primeiras adaptacións de contos tradicionais, iniciouse ao mesmo tempo unha liña de recuperación dos clásicos da literatura infantil de todos os tempos, e empezaron a publicarse obras de nova creación para promocionar o traballo da canteira de autores e ilustradores emerxentes. Nacían os Libros para Soñar.
Dende o primeiro momento, a animación á lectura foi outro dos piares básicos de Kalandraka, ante a certeza de que os libros son o alimento da imaxinación e contribúen a espertar nos nenos a curiosidade e o enxeño, a educalos a nivel afectivo, estético e visual. Así, as sesións de contos e música de Kalandraka percorren escolas, bibliotecas e librarías, transportando e transmitindo a maxia que posúen os libros.
O público, a crítica e as institucións tiveron unha receptividade satisfactoria cara á produción editorial de Kalandraka, premiando algunhas obras que hoxe en día ocupan un lugar destacado no catálogo: “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “Onde perdeu Lúa a risa?” (1º Premio Nacional de Ilustración 2001), “Avós” (Premio Llibreter 2003), “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005), “O león Kandinga” (Premio Fundación CJ de Cultura de Corea 2009), “Dióxenes” (3º Premio Nacional de Edición Infantil-Xuvenil 2010), “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” (3º Premio Nacional de Edición en Arte 2010). Diversos libros foron incluidos tamén en acreditadas seleccións, como a Lista de Honra da Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (IBBY), The White Ravens da Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, Os Mellores Libros para Nenos do Banco do Libro de Venezuela, Os Máis da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, ou os Planos Nacionais de Lectura de Portugal, México, Chile  ou Arxentina.
Outra faceta destacada é a proxección internacional de Kalandraka, a través da tradución de libros a outras linguas (inglés, francés, alemán, coreano, xaponés, chinés), a participación nas feiras máis destacadas do sector (Boloña, Frankfurt, Nova York, Bos Aires, Guadalajara-México), e a implantación de Kalandraka en Portugal, Italia, México e Brasil. Co tempo, Kalandraka consolidou o seu carácter plurilingüe: edítanse libros en galego, castelán, catalán (en co-edición con Hipòtesi), eúscaro (en co-edición con Pamiela), portugués, italiano e inglés."


domingo, 17 de febrero de 2013

APRENDE A BUSCAR NA REDE

Interesantísima presentación para aprender a buscar na rede dun xeito máis eficaz:


lunes, 11 de febrero de 2013

NOVOS GADGETS NA CURICUXA

Engadimos dous novos gadgets no noso blogue:
  • Speakaboos: é unha páxina adicada a contos, cancións, xogos, videos,... en inglés para nenos e nenas. Podédela topar na marxe esquerda  do blogue.
  • Prueba Documental: é unha páxina que recolle documentais sobre temas diversos (ecoloxía, ciencia, desastres naturais,...). Podédela topar na marxe dereita do blogue.  
  • Documentales a la carta de rtve.es: nesta páxina tamén podedes topar moitos documentais.
Agardo que vos gusten.


miércoles, 6 de febrero de 2013

Much Better Now. Extraordinario corto de animación.

Un gran corto de animación no que vivimos a maxia da lectura.


LA PELUCA DE LUCA



Vale a pena pensar un pouco acerca de ata onde facemos o que queremos ou o que se espera que fagamos. A necesidade de vivir en sociedade, de socializarnos non debera supoñer o sometemento a unhas normas que atenten ao ser do individuo.