Eres o visitante nº
jueves, 30 de octubre de 2014
UNHA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS PARA O SAMAÍN
No seu libro "Brinca Vai", que xa temos na biblio, podemos topar esta canción para o Samaín:
martes, 28 de octubre de 2014
CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano celebramos o día das bibliotecas adornando as biblios das aulas. Escollemos como motivo a temática do noso Proxecto Documental Integrado para este ano: a horta.
Todas/os traballáchedes moito e fixéchedes un moi bo traballo. Aquí o podedes ver:
lunes, 27 de octubre de 2014
O UNIVERSO NA BIBLIO
Ó longo do primeiro trimestre traballaremos o espazo, o sistema solar, o universo,... en todolos niveis de Ed. Primaria. Pero tamén en Ed. Infantil traballaremos, coma un proxecto de traballo este tema. Para elo a profe Carmen preparou un fantástico traballo sobre o sistema solar que veremos na biblioteca. Preparamos unha decoración especial e unha exposición con fondos sobre este tema, cos que contamos na nosa biblio e outros cedidos pola biblioteca nodal de Pontevedra. Tamén levaremos a cabo talleres nos que tentaremos crear os nosos propios planetas.
Para ir recollendo documentación podedes ver algúns documentais coma estes:
viernes, 24 de octubre de 2014
LEMBRANDO A ESCOLA
A próxima semana teremos no cole a varias mestras e antiguos alumnos para falar con nós sobre a escola que eles e elas coñeceron cando eran nenos e nenas e cómo foi cambiando ó longo dos anos.
O luns estará con nós as profes Mari Carmen e Isabel. Poderán escoitalas o alumnado de 5º e 1º de Ed. Primaria.
O martes virán as profes Edina e Merce. Escoitaranna o alumnado de 4º e 2º de Ed. Primaria.
O mércores visitaranos a que fora directora e orientadora do cole Elvira e Isabel, que foi a xefe de estudos no centro, e poderán estar con elas o alumnado de 6º e 3º.
Os ex alumnos que estarán con nós son Pati, Richi, Marga, Alberto, Lucila, Mónica, Perfecto e Belén.
Grazas a todos por vir a escola. E tamén grazas (anticipadas) a todos por escoitar atentamente o que nos van contar.
jueves, 16 de octubre de 2014
O HOSPITAL DOS LIBROS
Nos últimos anos mercamos moitos libros, pero tamén donáronnos unha boa chea deles. Aínda que cada ano teñamos máis libros, dvd´s, cd´s,.... debemos coidalos, non COMO si fosen nosos, xa que realmente SON NOSOS, é dicir, de todos nos. A pesar de que na inmensa maioría dos casos tense moito coidado deles, ás veces acontecen accidentes, despistes,... e algúns rompen, pérdense ou se estropean.
O equipo da biblioteca puxo en funcionamento o HOSPITAL DOS LIBROS, para reparar aqueles que teñen amaño.
Aqui tedes unhas fotos do noso hospital feitas polas colaboradoras Noa M., Alejandra, Érika, Noa R., Alba, Candela, Iris,... e tamén polo colaborador Alberto. Espero non ter esquecido a ninguén, pero si fose así, pídolle disculpas, xa que todos os anos contamos con moitos e moi bos colaboradores, e este anon nalgunha clase apuntouse TODO o alumnado.
miércoles, 8 de octubre de 2014
Visitando a Biblioteca
Co comezo do novo curso voltamos ás aulas e tamén á biblioteca. Lembramos moitas cousas, pero outras quedaron esquencidas despois do verán (como a táboa de multiplicar, por exemplo).
Para recordar as normas da biblioteca, como facer o préstamo e a devolución dos libros, cd´s e dvd´s, organizamos unha visita de tódolos cursos á biblio. Tamén preparamos un xogo no que podemos aplicar o que aprendimos durante a visita sobre a colocación dos libros, as seccións,....
sábado, 4 de octubre de 2014
GALICIAN TUNES
Galician Tunes
é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo,
que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325
discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas,
empresas e festivais galegos.
Desenvolvida a través da
Agadic e en colaboración con AGEM e Músicos ao Vivo, busca converterse
nunha ferramenta útil cara a unha maior visibilidade social e proxección
da industria musical galega baixo esta marca común.
martes, 26 de agosto de 2014
NOVA PÁXINA DE XOGOS EDUCATIVOS
Acaba de aparecer, ou polo menos acabo de descubrila, unha páxina de xogos educativos chamada "mundoprimaria.com"
A LECTURA EN FAMILIA DENDE A INFANCIA
Neste enlace (CLICADE AQUI) podedes atopar un interesantísimo artigo sobre a importancia da lectura durante a infancia, xa que facilita a adquisición da linguaxe, estimula as áreas cognitivas e psico-afectivas do cerebro,.... A lectura en familia e compartida ademáis axuda a establecer hábitos e vínculos importantes.
miércoles, 6 de agosto de 2014
A SENDA DO TEMPO
Preséntovos unha curta documental feita integramente por alumnado de 10 e 11 anos do CEIP Doutor Suarez de Fornelos de Montes que versa sobre a "Senda da Fraga do Río Barragán", un paraíso natural que vos convido a visitar, se aínda é que non a coñecedes. Todo: idea, guión, planificación, rodaxe e montaxe foi realizado polo alumnado. Verdadeiro traballo por competencias!
KIKO DA SILVA PREMIADO
O IX Premio de Banda Deseñada Castelao que anualmente convoca a Deputación da Coruña, foi para Kiko da Silva pola obra O infernodo debuxante.
O xurado do certame, formado por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e CarlosPortela, valorou especialmente o traballo de Kiko da Silva entre os 13 orixinais presentados, o que supón un récord de participación nesta convocatoria.
O
relato ideado por Kiko Da Silva conta a historia de Manuel Pardo, un
debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións
porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.
Kiko, autor da mil e unha propostas arredor da banda deseñada e o humor merece este e mil premios máis!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







