sábado, 23 de enero de 2016

DIA DA PAZ

O alumnado de 6º A e B elaborou estes vídeos nos que nos falan de persoas que deixaron a súa pegada na historia. Algúns deles como Teresa de Calcuta ou Gandhi adicaron a súa vida aos demáis ou a causa da paz, pero outros como Julio Verne ou Saint-Exupéry fixéronnos soñar con mundos mellores ou abriron as nosas conciencias a outras culturas e países, ou alertáronnos do perigo das armas e as guerras. Millóns de persoas no mundo están traballando pola paz de xeito anónimo, simplemento cun sorriso, cunha palabra agradable ou axudando a alguén que o precise, estamos traballando pola paz.

martes, 12 de enero de 2016

OUTRA CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ....

Esta canción nos transmite unha mensaxe de "esperanza" e convivencia. Ideal para o día da paz.
Parece ideal para facer un lipdub.


 

Tamén podemos escoitar a canción "Campás pola paz" do grupo Migallas ou "World is a rainbow". 

sábado, 9 de enero de 2016

PENSANDO NO DÍA DA PAZ

De cara ao día da paz  lembremos a importancia de TER ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN.



miércoles, 16 de diciembre de 2015

BO NADAL E PRÓSPERO 2016

O alumnado e profesorado colaborador da biblioteca vos desexa Bo Nadal e Próspero 2016



domingo, 13 de diciembre de 2015

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Non podían faltar, para seguir festexando estas datas de Nadal, a visita das nosas madriñas e padriños lectores que con moito agarimo leron un montón de historias de Nadal  aos máis pequenos do cole, aquí vos vai un resumo en fotos desta visita!! En xaneiro volverán os padriños da Paz.

sábado, 12 de diciembre de 2015

TEMPO DE NADAL


Primeiro unha Panxoliña para entrar situación:




Dende a nosa biblioteca Curicuxa propón unha serie de actividades para aprender máis sobre o Nadal. Podedes clicar nestes enlaces que vos levarán a actividades e páxinas de información.
·         O Nadal noutras culturas. (Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística)
·         Manifestacións musicais de Nadal. (Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela)
·         O Nadal no mundo.(CEIP Isaac Peral)
·         Glogster con xogos de Nadal. (Aula TIC TERRA DE FERROL)
Tamén podedes escoitar a historia dos tres Reis Magos:




Paco Nogueiras nos canta a historia do Apalpador







miércoles, 2 de diciembre de 2015

A NOSA HOMENAXE A NEIRA VILAS

Tal como di O Carrabouxo, a mellor homenaxe a Neira Vilas é ler a súa obra.
No noso centro puidemos disfrutar da representación dunha das súas obras O Espantallo Amigo interpretada pola compañía "Os quinquilláns".



Para saber máis da obra de D. Xoxé Neira Vilas podedes clicar neste enlace que vos levará a unha actividade LIM (Libro Interactivo Multimedia) realizado polo profesorado do CEIP FRIAN TEIS.
Nel aprenderemos moito sobre a súa obra máis coñecida e traducida a outros idiomas: Memorias dun neno labrego.

VIDEO POLA IGUALDADE

Fantástico traballo do CEIP AREALONGA DE RUBIANS 1º PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN.
"Que bonito é"


domingo, 29 de noviembre de 2015

PARA SABER MÁIS DE D. XOSÉ NEIRA VILAS

O autor do libro máis traducido en língua galega, ademáis dun gran escritor foi un home moi comprometido ca nosa língua. Nos Encontros de Coordinadores de Bibliotecas Escolares de Galiza, afirmou, que máis importante que Memorias dun neno labrego fose o máis lido ou que persoas de diferentes países se interesasen por este libro ou polo seu autor, é que persoas de moitos países coñezan que neste recuncho do noroeste peninsular hai un país que conta cunha fala de seu e cunha cultura de seu. Esta frase marca en gran medida o seu pensamento.
Grazas.

Aquí podedes consutar moitos datos sobre a súa biografía e obra pero, asegúrovos que o máis interesante é escoitalo. Se tedes uns minutos dedicádeos a escoitar a este gran autor e loitador da nosa lingua e cultura.

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS.

NEIRA VILAS FALA DAS TRADUCIÓNS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.