sábado, 27 de mayo de 2017

PADRIÑOS LECTORES

CHEGOU MAIO E CON EL OS FESTEXOS DAS LETRAS GALEGAS, E OS NOSOS PADRIÑOS LECTORES NON QUIXERON PERDER A OPORTUNIDADE DE VISITAR AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE CARGADOS CUN MONTÓN DE CONTOS EN GALEGO!!
VELAÍ VOS VAI UN RESUMO.
   
Padriños maio from Departamento de orientación on Vimeo.

E AQUÍ REMATA ESTA ACTIVIDADE...DEICA O VINDEIRO CURSO!!

viernes, 5 de mayo de 2017

PDI 5º DE PRIMARIA

Aquí tedes xa o produto final do traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5º de E.P ao longo do curso sobre o PDI "A Idade Media".

  
o segredo do códice from Departamento de orientación on Vimeo.

viernes, 28 de abril de 2017

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017. DÍA DE CARLOS CASARES

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Carlos Casares. Nestes videos podedes apender algo máis sobre o autor de A Galiña Azul, As laranxas más laranxas de tódalas laranxas,.....





Fantastic Flying Books- Un corto de animación.... á lectura.

martes, 18 de abril de 2017

A VENDIMA

Hai xa moitos meses, aló polo outono, o alumando de segundo puido ver como era o proceso completo da vendima: recollelas uvas, despalillar, prensar,..... aquí podedes velo.


VENDIMA from curicuxa on Vimeo.

miércoles, 22 de marzo de 2017

PADRIÑOS LECTORES DE MARZO

Chegou marzo...o mes no que ademáis de entrar na primavera celebramos o DÍA DA POESÍA. E por iso os padriños lectores este mes viñeron cargados de poemas, pareados, rimas...
Uns días soleados nos que o pasamos xenial coas lecturas dos nosos padriños e madriñas.
Aquí tedes un breve resumo!!

domingo, 19 de marzo de 2017

OITO IMPORTANTES MULLERES GALEGAS

No seguinte enlace podedes coñecer a oito importantes e ,seguramente para a maioría, descoñecidas mulleres galegas.

https://docs.google.com/presentation/d/1R10StL6xV_demLQZk6QrpfW2A-h3cInk-_v5iq22vF0/edit?usp=sharing


Traballo elaborado no CEIP Virxe do Carme.

PRINCIPIÑAS E PRINCESIÑOS



"Principiñas e Princesiños", un vídeo que trata de recopilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos de Pontevedra, participantes no programa nAmorAndo, financiado polo concello de Pontevedra (facebook.com/cim.pontevedra). Nel traballáronse a identificación e expresión das emocións básicas como forma natural de expresión en ambos sexos, a ruptura de estereotipos sexistas e a reflexión sobre tópicos do amor romántico.
nAmorAndo é un proxecto de Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es)
vídeo realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com)
imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez
Ilustracións: Tania Solla
Animación: Jose Aragunde





miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe é un día de loita pola igualdade de homes e mulleres, tanto no ámbito público como privado, nos traballos "fóra da casa" e dentro da casa. A igualdade debe ir máis aló dos recoñecementos públicos e legais. Por desgracia ter un dereito recoñecido non é o mesmo que ese dereito sexa respectado.