lunes, 28 de enero de 2019

Chegaron os padriños lectores de xaneiro....

Este mes como non podía ser doutro xeito as madriñas e padriños lectores trouxeron un montón de contos con historias cheas de amizade, amor, loita pola igualdade... para conmemorar, como faremos o vindeiro mércores, o Día da Paz e da non violencia.
Aquí vos deixo un resumo para que vexades que atentos estiveron os nosos pequeno/as e que ben exercen de padriños e madriñas os máis grandiños.


PADRIÑOS LECTORES DA PAZ from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 20 de diciembre de 2018

CONSELLOS LECTORES PARA ESTE NADAL

Inicio do PDI

Este ano para motivarnos no inicio do proxecto anual: EMOCIONARTE, decoramos as nosas bibliotecas de aula....quedaron xenial!! podedes velas no seguinte video:
Bibliotecas de aula from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de diciembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Están a piques de chegar xa as merecidas vacacións de NADAL e por iso os nosos padriños e madriñas lector@s fixeron unha visita por infantil para lerlles aos cativos/as un montón de contos relacionados con esta época de ano; o nadal, os bonecos de neve, os reis... foron os protagonistas duns ratiños de lectura moi fermosos.


PADRIÑOS LECTORES NADAL from Audición y lenguaje on Vimeo.

martes, 27 de noviembre de 2018

SAMAÍN

As nenas e nenos de 5º e 6º tivemos un día de Samaín terrorífico!!
Que medo!! 😬😬

O alumnado de terceiro



O alumnado de 3º de primaria estivemos traballando en Ciencias Naturais  “A alimentación”. Para afondar máis no tema fixemos unha merenda moi saudable onde puidemos probar froitas que non coñecíamos como a feixoa,  o mango, a granada, a papaia... entre outras.

Encantounos a experiencia!




Cata de froita from jmcarguez on Vimeo.