miércoles, 27 de marzo de 2019

PADRIÑOS LECTORES DE POESÍA

Coincidindo coa semana na que festexamos o día da poesía, as nosas madriñas e padriños lectores fixeron unha visita ao nenos e nenas de infantil cargados cun montón de libros de poesías, rimas... cos que fixeron pasar un anaco moi agradable aos máis peques do cole.

padriños lectores marzo from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 6 de marzo de 2019

Rosalía de Castro visita as nenas e nenos de 1º e 2º

Celebrando o día de Rosalía de Castro na escola, as nenas e nenos de 1º e 2º tivemos unha sorpresa moi moi emocionante. Sabedes quen nos visitou? Pois síii! nada máis nin nada menos que a mesma Rosalía de Castro.😍
Xa, xa... xa sabemos que non era ela exactamente, pero nós sentímola coma se da propia poetisa galega se tratara. 

Contounos como era de pequena, os seus soños de nena, querendo ser pirata, ou querendo ser escritora, unha gran escritora na que máis tarde se convertiu. E tamén unha gran muller que nos falou de igualdade💪 entre as nenas e os nenos. 

Sabemos que Rosalía defendía a súa lingua, a nosa lingua, e como despedida díxonos que se nós, nenas e nenos seguiamos aprendendo os seus poemas, e recitándoos e cantándoos, nin ela nin a nosa lingua desaparecerían xamais. 

Agradecémoslle a visita cantándolle🎵 un dos seus fermosos poemas "Has de cantar", e a Rosalía parece que lle gustou moito moito. 
Agardamos a súa visita para o vindeiro ano!!! 

Grazas Rosalía💗.

jueves, 28 de febrero de 2019

Padriños lectores de ENTROIDO

Ao longo desta semana de inverno pero de aspecto primaveral tivemos a visita das nosas madriñas e padriños lectores. Foron unas xornadas solleiras nas que grandes e pequenos pasárono  en grande.
Podes velo nas seguintes fotos:


lunes, 28 de enero de 2019

Chegaron os padriños lectores de xaneiro....

Este mes como non podía ser doutro xeito as madriñas e padriños lectores trouxeron un montón de contos con historias cheas de amizade, amor, loita pola igualdade... para conmemorar, como faremos o vindeiro mércores, o Día da Paz e da non violencia.
Aquí vos deixo un resumo para que vexades que atentos estiveron os nosos pequeno/as e que ben exercen de padriños e madriñas os máis grandiños.


PADRIÑOS LECTORES DA PAZ from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 20 de diciembre de 2018

CONSELLOS LECTORES PARA ESTE NADAL

Inicio do PDI

Este ano para motivarnos no inicio do proxecto anual: EMOCIONARTE, decoramos as nosas bibliotecas de aula....quedaron xenial!! podedes velas no seguinte video:
Bibliotecas de aula from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de diciembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Están a piques de chegar xa as merecidas vacacións de NADAL e por iso os nosos padriños e madriñas lector@s fixeron unha visita por infantil para lerlles aos cativos/as un montón de contos relacionados con esta época de ano; o nadal, os bonecos de neve, os reis... foron os protagonistas duns ratiños de lectura moi fermosos.


PADRIÑOS LECTORES NADAL from Audición y lenguaje on Vimeo.