domingo, 27 de octubre de 2019

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar a semana das BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de 4º A presentou a obra Na busca do Bico de David Melling. Agardo que vos guste.



Na busca do bico from jmcarguez on Vimeo.

Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 
Pola súa parteo Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS. 

viernes, 25 de octubre de 2019

Cocorico

Con motivo da Semana das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de 4ºB quixemos sorprender aos máis pequenos do cole e preparamos para eles un teatro de sombras moi especial.
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado.
Esperamos que vos guste!


Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
Os nenos e nenas de 3º seguimos aprendendo. Agora toca o Sistema Solar:

Volcáns en Ponte Caldelas!

Os menos e nenas de 3º de primaria estamos aprendendo un montón de cousas. De tanto que aprendemos fumos quen de facer volcáns na clase!

jueves, 24 de octubre de 2019

CELEBRACIÓNS NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Deixámosvos este enlace ao blogue do segundo ciclo para que vexades outra das actividades  do cole para celebrar a Semana das Bibliotecas, neste caso son os alumn@s de 3º contando un fermoso conto aos peques de 3 anos!!
Agardamos que vos guste!!!

https://osconguitosdepontecaldelas.blogspot.com/2019/10/celebracions-na-semana-das-bibliotecas.html

miércoles, 23 de octubre de 2019

A LENDA DO BICO DE DAVID MELLING

O alumnado de 4º A  teatralizou a obra "A lenda do bico" de David Melling.






lunes, 14 de octubre de 2019

A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS

O alumnado do segundo ciclo (3º e 4º de Ed. Primaria), o curso pasado gravou a historia de Pelos Tortos. Aquí poderedes escoitala.
Perdón pola tardanza.




lunes, 15 de julio de 2019

CONTO EN PORTUGUÉS: O CHAPEUZIÑO AMARELO

Este ano os paises convidados no Salón do Libro de Pontevedra foron os países de fala lusa.
E temos a gran sorte de contar con nenas e nenos procedentes de Brasil, así que convidamos ás súas familias a vir ao centro e compartir con nós a cultura do seu país de orixe.
Katia, a mamá de Miguel de 1º A, veunos contar un fermosísimo conto: "Chapeuzinho amarelo", no que nos falou dunha nena chea de medos e dun lobo que acabou convertido nun "bolo".
Aquí vos deixamos unhas fotos.


lunes, 6 de mayo de 2019

PADRIÑOS LECTORES EN ABRIL

Aquí vos deixamos algunhas fotiños dos días que adicamos no mes de abril aos nosos padriños lectores coincidindo cos festexos polo día do libro.


domingo, 21 de abril de 2019

As nenas e nenos de 1° visitan o Salón do Libro de Pontevedra

Un ano máis a nosa escola participa no SALÓN DO LIBRO de Pontevedra. Este ano, co noso proxecto "REVOLUCIONARTE", mesturamos as emocións coa arte e coa revolución. Foi unha visita na que o pasamos estupendamente!!!!