Eres o visitante nº
martes, 26 de noviembre de 2019
AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA
Como fase de motivación para o PDI deste curso 19/20, animámonos a decorar as nosas biblios de aula e quedaron así de ben!!!! Xa estamos preparados para aprender un montón de cousas!!!!
BIBLIOS DE AULA 19/20 from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 25 de noviembre de 2019
25 de novembro Día Internaciona da eliminación da violencia contra as mulleres
O alumnado de 4º tamén quixo dar un portazo á violencia de xénero
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou este vídeo no que nos falan dos dereitos da infancia.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
viernes, 22 de noviembre de 2019
miércoles, 13 de noviembre de 2019
PADRIÑOS LECTORES NO SAMAÍN
A semana pasada, ademáis de participar nun roteiro de probas terroríficas, de desfrutar nunha estupenda festa de disfraces e de degustar un montón de sobremesas de outono, tamén adicamos algúns días aos nosos padriños e madriñas lectoras que visitaron aos peques de infantil cargados de contos de bruxas, pantasmas, cabazas... e moitos máis elementos do samaín.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo.
domingo, 3 de noviembre de 2019
ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ NEIRA VILAS
A
Fundación "Neira Vilas" propón como día de Xosé Neira Vilas o día 3
de novembro, data do seu nacemento.
A
Biblioteca "Xosé Neira Vilas" do Colexio do Foxo súmase a esta
proposta e co obxectivo de lograr a implicación das familias,
convidámolas a que participen nunha lectura colectiva de obras deste
insigne persoeiro. Este acto terá lugarna Biblioteca o día 4 de outubro ás
16.00 h.
domingo, 27 de octubre de 2019
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar a semana das BIBLIOTECAS ESCOLARES o alumnado de 4º A presentou a obra Na busca do Bico de David Melling. Agardo que vos guste.
Na busca do bico from jmcarguez on Vimeo.
Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
viernes, 25 de octubre de 2019
Cocorico
Con motivo da Semana das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de 4ºB quixemos sorprender aos máis pequenos do cole e preparamos para eles un teatro de sombras moi especial.
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado.
Esperamos que vos guste!
Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
Cocorico foi o libro elixido e aquí podedes ver o resultado.
Esperamos que vos guste!
Cocorico from Eva Conchouso on Vimeo.
Os nenos e nenas de 3º seguimos aprendendo. Agora toca o Sistema Solar:
Volcáns en Ponte Caldelas!
Os menos e nenas de 3º de primaria estamos aprendendo un montón de cousas. De tanto que aprendemos fumos quen de facer volcáns na clase!
jueves, 24 de octubre de 2019
CELEBRACIÓNS NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS
Deixámosvos este enlace ao blogue do segundo ciclo para que vexades outra das actividades do cole para celebrar a Semana das Bibliotecas, neste caso son os alumn@s de 3º contando un fermoso conto aos peques de 3 anos!!
Agardamos que vos guste!!!
https://osconguitosdepontecaldelas.blogspot.com/2019/10/celebracions-na-semana-das-bibliotecas.html
Agardamos que vos guste!!!
https://osconguitosdepontecaldelas.blogspot.com/2019/10/celebracions-na-semana-das-bibliotecas.html
miércoles, 23 de octubre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


