jueves, 25 de febrero de 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía

 Para celebrar o día de Rosalía  

no CEIP Manuel Cordo Boullosa 

cantamos 

"Adiós ríos, adíós fontes".


Disfrutade da nosa creación!!

Adiós ríos, adiós fontes




viernes, 19 de febrero de 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

                                         

24 de febreiro, Día de Rosalía

Imaxe do CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña) 


 Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares,

que así mo pediron

na veira do mare.


 Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas. 

("Cantares gallegos") 


         

    O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación  e Universidad, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, programas de radio, proxectos multimedia... son algunhas das propostas que nestes días salientan a modernidade e actualidade do seu pensamento. 

Asociación de Escritoras e Escritores en  Lingua Galega convida neste 2021, baixo o lema Teus doces cantares, a celebrar este día co agasallo dun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. Publica un manifesto na voz  de Anna R. Figueiredo e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o compromiso da nosa poeta a través dos seus doces cantares.


jueves, 7 de enero de 2021

VISITAS NO NADAL

 A piques xa de comezar o segundo trimestre queremos amosarvos unha das últimas visitas que recibiron os peques do cole, a das madriñas e padriños lectores no Nadal, unha visita sorprendente e coa que pasaron un rato divertidísimo!!!!Vémonos moi pronto, nunhas horiñas voltamos ás aulas!!!!!!



lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

 QUE MELLOR XEITO DE DISFRUTAR DO NADAL QUE A TRAVÉS DA LECTURA!!!

A nosa querida Curicuxa proponnos unha selección de libros para ler este Nadal e para pedir de agasallo a Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020