Eres o visitante nº
lunes, 15 de noviembre de 2021
martes, 2 de noviembre de 2021
Mensaxe de Curicuxa sobre o Magosto
Ola a todos e todas.
Aquí tedes unha mensaxe de Curicuxa para o magosto.
Lembrade mandar o vídeo ao whatsapp do cole: 679 88 73 99
sábado, 23 de octubre de 2021
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, e para iso as nenas e nenos do Cordo fixemos unha actividade que queremos compartir con vós.
Encántanos a lectura, porque nos permite coñecer, aprender, viaxar, vivir aventuras, descubrir... e moitas cousas máis. Así que elaboramos un gran mural no que aparece a nosa querida mascota, Curicuxa, con moitos paxariños que lle saen da cabeza. Eses paxariños representan todo o que os libros e contos sementan en nós, para que pouco a pouco vaian nacendo gromos nas nosas mentes e corazóns. Gromos de sabedoría e curiosidade que nos abren novos e fascinantes mundos. Mundos onde os libros son importantes piares baixo os nosos pés, coma podedes ver nas imaxes de Curicuxa.
Agardamos que vos gusten, xa que nós gozamos ao facelos.
sábado, 12 de junio de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Visita de Mónica de Nut
viernes, 21 de mayo de 2021
17 de maio. Día das Letras Galegas: Xela Arias
Xela Arias
No "Día das letras galegas" este ano a homenaxeada foi a poeta, profesora e traductora Xela Arias.
Dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa rendémoslle a nosa homenaxe investigando e aprendendo sobre a súa biografía.
O alumnado de 6º recolleu os diferentes traballos do alumnado levando a cabo unha labor periodística.
Este é o resultado!!!
Podedes acceder pinchando no seguinte enlace:
Xela Arias. CEIP Manuel Cordo Boullosa

