"La memoria del corazón elimina los malos recuerdos y magnifica los
buenos, y gracias a ese artificio, logramos sobrellevar el pasado."
Finou Gabriel García Márquez, "Gabo", o extraordinario escritor colombiano creador do xénero "Realismo Máxico". Foi xornalista e novelista e entra as súas obras máis importantes destacan:
- Cien Años de Soledad.
- Crónica de una muerte anunciada.
- El amor en los tiempos del cólera.
- El otoño del patriarca.
- Vivir para contarla.
- Relato de un náufrago.
- El coronel no tiene quien le escriba.
- ....e moitas máis novelas.
A temática das súas obras toca diferentes aspectos como a "Soidade", a violencia, a inxustiza ou a identidade cultural de Sudamérica.
Viaxou por moitos países e viviu en Francia, España e México, país onde finalmente morreu, ademáis de en Colombia. Coñercer moitos países e culturas permitiulle ter unha mellor visión e comprensión do mundo e dos seres humanos.