Esa
lus" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para
conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía
moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital. Dende o
neno Pepe ata o poeta que hoxe coñecemos, nesta canción destácase a
vixencia da súa lírica e así o transmitiron os máis de douscentos
rapaces que participaron dos actos do centenario o pasado 19 de
febreiro. Eses actos remataron cun ensaio xeral da canción que esperamos
ter perfeccionada para o próximo 17 de maio.