Ó longo da semana pasada levamos a cabo unha serie de xuntanzas con mestras e exalumnos/as do noso centro. Unhs e outras lembraron os seus anos de escola.
Compartiron con todo o alumnado de Ed. Primaria as súas experiencias e lembranzas. Xuntos aprendemos a por en valor estes anos de escola, de infancia, de amizade e aprendizaxe. Agardo que fose unha experiencia agradable e entrañable para todos.