domingo, 30 de noviembre de 2014

O 25 DE NOVEMBRO: O PRIMEIRO DÍA DO FIN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Estos días  nos que  en tódolos centros educativos estamos a organizar actividades en torno ao fin da violencia de xénero, os telexornais estannos a golpear con terribles novas nas que homes, que non son homes, asasinan a mulleres, por ser mulleres, por ser seres humanos.
Todos sabemos que a meirande parte dos seres humanos son incapaces de facer mal. Pero hai unha pequena parte que si o fai, e debemos ser a maioría a que co noso berro lles poña freno. Se permanecemos calados ante a violencia e a inxustiza, en certa medida somos cómplices desa violencia.

Hai cancións e vídeos de denuncia contra a violencia, algúns xa os vimos en curicuxa noutros anos. Pero agora quixera que escoitárades esta canción na que podemos ver a mulleres reais e ás que se lles recoñece as súas heroicidades cotiás. É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade, non ás que saen no “Pronto” ou no “Sálvame”. Á miña nai, á túa irmá, á súa avóa, á noiva, á amiga. É a beleza e o sentimento. Nunca mellor ca hoxe. Ten sentido.