Eres o visitante nº
161547
martes, 28 de abril de 2015
COMO FIARTE DUNHA PÁXINA WEB?
Grazas ás compañeiras e compañeiros do CEIP Sofía Casanova podemos aprender un pouco máis acerca do que necesitamos ter en conta para poder "fiarnos" dunha páxina web. Esta é unha cuestión moi importante, xa que hoxe en día caemos moi facilmente no erro de "copiar e pegar", sen confirmar a información. Do mesmo xeito que non todo o que nos dí a TV é certo, tampouco todo o que aparece en internet debe selo.
lunes, 27 de abril de 2015
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE ABRIL
Neste mes de abril e coincidindo coa celebración do día do libro os alumnos mais maiores do cole visitaron aos de infantil para ler con eles.
Padriños lectores abril from Departamento de orientación on Vimeo.
Xa veredes que atentos estiveron todos ás estupendas historias que lles contaron.....
Padriños lectores abril from Departamento de orientación on Vimeo.
sábado, 25 de abril de 2015
PREMIO DOS CLUBES DE LECTURA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
O Portal Educativo publica hoxe, co gallo da celebración do Día Mundial do Libro, a Resolución
da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 23 de abril de
2015, pola que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de
lectura do ámbito educativo no curso precedente, galardón que se entregará nesta ocasión a Agustín Fernández Paz, no transcurso da que será a VIII Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar o próximo 5 de xuño en Santiago de Compostela.
Profesoras e profesores que coordinan estes clubs de lectura nos centros
de ensino secundario e postobrigatorio, amosaron o seu interese por
recoñecer a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á
construción dos lectores. Uns creadores comprometidos coa lingua que
achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á
extensión da lectura en galego. Establécese así o Premio dos Clubs de
Lectura que, cada ano, outorgarase ao autor ou á autora de obra en
galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a
homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os
lectores e lectoras participantes nos clubs de lectura dos centros de
ensino secundario de Galicia.
Curiosamene no clube de lectura do noso centro tamén estamos a ler unha das sáus obras "No corazón do bosque". Noraboa por este novo recoñecemento.
jueves, 23 de abril de 2015
DIA DO LIBRO
Hoxe 23 de abril é un día especial para nós. Celebramos o día do libro. Recordamos a dous dos máis importantes autores, Shakespeare e Cervantes. Do primeiro coñecemos moitas obras como Romeo e Xulieta, Macbeth, Hamlet,..., maioritariamente obras de teatro que o converten no autor teatral, posiblemente, máis representado. Don Miguel de Cervantes Saavedra deixounos a novela cumbre das letras castelás "Don Quijote de la Mancha" (se clicades aquí poderedes visitar unha web na que aprenderedes moitas cousas sobre este persoaxe).
Entre as celebracións que se levan a cabo neste día, esta a entrega do Premio Cervantes, que este ano se lle concedeu a Juan Goytisolo. Pode resulta moi recomendable escoitar o seu discurso de aceptación do Premio, xa que nel trae ó noso tempo a un don Quijote que, seguramente, lanza en ristre faríalle fronte ás inxustizas.
miércoles, 22 de abril de 2015
A Fraga das árbores das palabras. Episodio 2
Xa podedes disfrutar do segundo episodio da obra representada polos rapaces e rapazas de 6ºB
Aquí tedes outro sitio onde podedes escoitar a historia
martes, 21 de abril de 2015
Me and my green shoes
O alumnado de 3º preparounos este estupendo conto EN INGLÉS.
martes, 14 de abril de 2015
Consellos lectores: "Curiconsellos"
Un grupo de nenas e nenos fíxonos estas recomendacións lectoras. Prestade atención ata o final!!!!
Nas portadas ou contraportadas dos libros recomendados por estes compañeiros poderedes ver un código QR. Si o enfocades cun móbil ou unha táblet e tedes a aplicación capaz de lelos, vos enviarán ó vídeos onde estes compañeiros nolos recomendan.
Nas portadas ou contraportadas dos libros recomendados por estes compañeiros poderedes ver un código QR. Si o enfocades cun móbil ou unha táblet e tedes a aplicación capaz de lelos, vos enviarán ó vídeos onde estes compañeiros nolos recomendan.
lunes, 13 de abril de 2015
SEMANA DA PRENSA
Este ano tamén quixemos adicar algo de tempo a facer algunha
cousiña durante a SEMANA DA PRENSA.
E fartos xa de tantas noticias malas…..puxémonos mans á obra
e decidimos non parar ata atopar un montón de boas noticias: leímolas, falamos e traballamos sobre elas….
E finalmente fixemos un gran mural de BOAS NOVAS!!!
martes, 7 de abril de 2015
Día da poesía 2015
Este ano para conmemorar o día da poesía, todo o cole participamos na actividade: "Enredando poemas". A través da cal, pasiño a pasiño, fomos elaborando unha fermosa enredadeira de poemas.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo.
A continuación podedes ver o resultado do noso traballo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)