jueves, 23 de abril de 2015

DIA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril é un día especial para nós. Celebramos o día do libro. Recordamos a dous dos máis importantes autores, Shakespeare e Cervantes. Do primeiro coñecemos moitas obras como Romeo e Xulieta, Macbeth, Hamlet,..., maioritariamente obras de teatro que o converten no autor teatral, posiblemente, máis representado. Don Miguel de Cervantes Saavedra deixounos a novela cumbre das letras castelás "Don Quijote de la Mancha" (se clicades aquí poderedes visitar unha web na que aprenderedes moitas cousas sobre este persoaxe).



Entre as celebracións que se levan a cabo neste día, esta a entrega do Premio Cervantes, que este ano se lle concedeu a Juan Goytisolo. Pode resulta moi recomendable escoitar o seu discurso de aceptación do Premio, xa que nel trae ó noso tempo a un don Quijote que, seguramente, lanza en ristre faríalle fronte ás inxustizas.