O día 2 de abril celebrase
o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data conmemora o
nacemento de Hans Christian Andersen, un dos escritores
máis importantes da literatura infantil e creador de obras coñecidas por todos
como “O soldadiño de chumbo” ou “O traxe novo do emperador”. Esta data vense
celebrando desde 1967.
Lembrade que contades
cunha biblioteca dixital ao voso alcance no portal BEGA-ELBE 2
Para conmemorar esta data,
o Ministerio de Cultura e Deporte incluíu no portal de préstamo bibliotecario
dixital eBiblio de libros dous literatura infantil e xuvenil: “Un falcón que di
verdades” e a edición ilustrada “Robisón Crusoe: a súa vida e aventuras”. Tamén
difundirá o espazo para o público infantil e xuvenil “De cero a
18” habilitado nas webs de bibliotecas públicas, permite acceder a libros,
contos e xogos en diferentes linguas.