Ao longo deste primeiro trimestre que está a piques de rematar, foron moitos os pequechos que recibiron a visita das súas madriñas e padriños lectores para pasar un bo rato ao redor de gran variedade de contos segundo as conmemoracións de cada mes, aquí tedes un pequeno resumo!!!
Eres o visitante nº
lunes, 19 de diciembre de 2022
martes, 6 de diciembre de 2022
lunes, 5 de diciembre de 2022
A CIENCIA CHEGOU PARA QUEDARSE
O mes de novembro foi o mes da Ciencia, aquí tedes a mostra dalgunhas actividades que fixemos nas nosas aulas. As nenas e nenos do Cordo encántalles investigar, pescudar, experimentar e descubrir, de xeito que, ainda que se lle adique un mes á Ciencia, nós somos científicxs todo o curso. Ademais, este ano estamos inmersxs no mundo do cine e fixemos uns descubrimentos que nos deixaron abraiadxs.
Agardamos que vos gusten.
lunes, 28 de noviembre de 2022
ASÍ LOCEN AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA
O dia 24 de outubro celebrábase o Día das Bibliotecas, e nós para conmemorar esta data decidímos darlle unha volta ás nosas bibliotecas de aula e relacionalas coa temática do PDI deste ano "Un cole de película" Así de curiosas, fermosas e xeitosas quedaron, que vos parecen???
martes, 22 de noviembre de 2022
25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: O BO TRATO ESTÁ NAS NOSAS MANS
O vindeiro 25N celebraremos do Día contra a Violencia de Xénero, no que desenvolveremos diferentes actividades. As nenas e nenos do 3º Ciclo contaránlle o conto de "Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso" ao resto do alumnado, en cada clase traballaranse ademais outros títulos, que xirarán arredor da igualdade, o respecto e o bo trato. Ao longo da mañá, soarán distintos temas musicais, entre eles "A porta violeta" de Rozalén, que xa é un himno en contra do maltrato. Deixaremos un fermoso mural de mans violetas nas paredes da casiña do patio de infantil, co lema deste ano: "O bo trato está nas nosas mans".
E non debemos esquecer que a mellor vacina contra a violencia de xénero é a educación.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA COMBATER A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aquí tedes a canción "La puerta violeta" de Rozalén.
Un interesante vídeo, que nos fai ver que o maltrato e a violencia de xénero non son condutas que poidamos normalizar.
Neste outro vídeo podedes ver un experimento que se fixo con nenas e nenos sobre este tema.
lunes, 21 de noviembre de 2022
20N: DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
O 20 de novembro celebramos o Día Internacional da Infancia. Esta data lémbranos que debemos seguir loitando porque tódalas nenas e nenos poidades medrar gozando dos vosos dereitos.
Para coñecer a orixe desta conmemoración, e tamén para saber cales son os dereitos da infancia, non deixedes de ver estes vídeos.
sábado, 5 de noviembre de 2022
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Neste mes celebramos O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, e dende a Biblioteca do Cordo queremos compartir con vós unha chea de actividades, recursos e materiais que promoven achegarnos ao mundo científico dun xeito lúdico e divertido.
O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.
Aquí tedes actividades que se desenvolverán na Biblioteca Pública de Pontevedra. Animádevos a ir coas vosas familias!
E non podían faltar estas interesantes lecturas para que vos mergulledes no mundo da CIENCIA. Ide a Biblioteca e buscade os títulos que máis vos gusten.
miércoles, 26 de octubre de 2022
O SAMAÍN... XA ESTÁ AQUÍ!!
Uiiii, que medo!!! Chegou "Curibruxa" anunciando o SAMAÍN... e convidounos a unha festa de medoooo!!! Tedes xa os disfraces preparados? Seguro que si, e se non vos gusta disfrazarvos, non pasa nada... o importante é divertirse terrorificamente!!
Como este ano somos "Un cole de película", Curicuxa estivo á procura de curtametraxes de medo, para compartilos con vós. Aquí tedes as súas aterradoras recomendacións....
🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃
INFANTIL
PRIMER CICLO
CALAVERITA – ONIRIK Studio (7:00)
CARABUÑAS(11:42)
CORRE CORRE CABACIÑA (10:54)
SEGUNDO CICLO
A BRUXA REGAÑADENTES (10:48)
LA LEYENDA DEL ESPANTAPÁJAROS10:12)
VINCENT (1982) TIM BURTON ESPAÑOL(5:10)
TERCER CICLO
🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃
lunes, 24 de octubre de 2022
24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar o Día das Bibliotecas, a nosa mascota, Curicuxa, quere presentarnos a catro escritoras moi importantes na literatura Infantil e Xuvenil, cuxas creacións foron levadas ao cine.
Animádevos a ir á Biblioteca coas vosas titoras e titores para buscar as obras das que vos fala Curicuxa nesta presentación. E tamén vos invitamos a que vexades as películas coas vosas familias.
Feliz Día das Bibliotecas
martes, 18 de octubre de 2022
NO COLE CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS
COMEZAMOS O CURSO 2022-2023
BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2022-2023!!
Este ano imos ter un curso "de película"!!
Se queredes ver o primeiro día de cole, premede na miña imaxe.
jueves, 11 de agosto de 2022
A SEMANA DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN
lunes, 16 de mayo de 2022
CHEGARON OS VÍDEOS DO COLE DA REIGOSA!!!
domingo, 15 de mayo de 2022
COMPARTIMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO ALUMNADO DO CEIP DA REIGOSA
Este curso a nosa mascota Curicuxa púxose en contacto con Pegañoso, a mascota do cole da Reigosa, para que poideramos coñecernos e traballar xunt@s, nenas, nenos e profesorado dos dous colexios, e celebrar o Día das Letras Galegas.
Así foi como nos propuxo que, entre os equipos de Biblioteca e Dinamización, xunto coa colaboración do resto do profesorado e alumnado, prepararamos uns vídeos sobre o autor, Florencio Delgado, para compartir esta conmemoración.
Do mesmo xeito, Pegañoso fixo a mesma proposta no cole da Reigosa, e pronto recibiremos os seus vídeos para poder traballar a vida e a obra do autor, a través de concursos, xogos, cancións e bailes... e quen sabe se haberá máis sorpresas!!
Agardamos que para o vindeiro ano poidamos facelo dun xeito persoal, sen pantallas polo medio, e poidamos compartir experiencias e xogos nunha fantástica xornada de convivencia.
De momento, aquí vos deixamos os vídeos que elaboramos. Agardamos que no CEIP de A Reigosa o pasen tan ben como o pasamos nós facéndoos.
Non volos perdades!
martes, 3 de mayo de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Para celebrar o Día das Letras Galegas a nosa mascota Curicuxa estivo buscando pola rede actividades divertidas para que as nenas e nenos do Cordo poidades coñecer moi ben ao autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán.
Se fas clic na imaxe atoparás unha manchea de atividades da páxina de Seminario Galán.
Hai actividades para facer en liña e outras en papel. Botádelle unha ollada!
sábado, 23 de abril de 2022
ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE AUTORES
Neste trimestre parte do alumnado do colexio recibiu a visita de autores das obras que estiveron lendo.
Aquí vos deixamos mostra dos momentos tan divertidos e interesantes que viviu o noso alumnado con Ramón Caride, O Hematocrítico, Ledicia Costas e Antonio Manuel Fraga..
PREPARÁNDONOS PARA O 50 ANIVERSARIO
Ola, nenas , nenos e familias!!!
Este ano, o día 2 de maio, o noso colexio cumple 50 anos!!! Querémosvos contar que estamos preparando moitas actividades para celebralo.
Estamos moi emocionadas e emocionados, e gustaríanos compartilo con toda a comunidade educativa, xa que por aquí pasaron moitas persoas: nais, pais, e mesmo avoas e avós do alumnado que temos hoxe en día.
A infancia é unha etapa da vida na que albergamos moitas lembranzas, e de seguro que o cole forma parte de bos recordos do exalumnado que pasou por estas aulas, brincou nos patios, encheu os corredores de risas e deixou unha fonda pegada no profesorado.
E non hai un aniversario sen canción, así que aquí vos deixamos a nosa (con baile incluído) para que practiquedes, e poidamos bailar todxs xuntxs.
Animádevos a bailar e cantar!!
No Cordo Boullosa
imos celebrar
o seu aniversario
50 anos xa (3 veces)
no Cordo Boullosa
imos celebrar.
Todos xuntos (4 veces)
hoxe todos celebramos
e estamos todos contentos
pois cumples (2 palmadas)
50 anos,
e estamos todos contentos
pois cumples (2 palmadas)
50 anos.
A torta de fresa
que boa que está
tódolos rapaces
ímoscha agasallar (3 veces)
a torta de fresa
que boa que está.
Todos xuntos (4 veces)
hoxe todos celebramos
e estamos todos contentos
pois cumples (2 palmadas)
50 anos,
e estamos todos contentos
pois cumples (2 palmadas)
50 anos.
miércoles, 20 de abril de 2022
miércoles, 13 de abril de 2022
PADRIÑOS LECTORES con ROSALÍA DE CASTRO
Temos no cole unha actividade chamada "padriños lectores" na que as nenas e nenos "maiores" agasallan aos máis pequenos con lecturas de contos, poemas, e outros textos. Son momentos nos que comparten o gusto pola lectura, e contaxian o seu entusiasmo polo marabilloso mundo dos libros,
Aproveitando que tivemos unha semana adicada á nosa autora, Rosalía de Castro, o alumnado de 3º a 6º de Primaria recitaron versos da poeta, facendo as delicias dxs máis pequenxs.
Aquí vos deixamos algunha foto.
DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA
No mes de marzo temos varias celebracións no cole, a primeira é o 8M no que celebramos o Día da Muller. Este ano adicámolo ás MULLERES CIENTÍFICAS, e convidamos ao colexio a tres mulleres da contorna, Lucía, Saleta e Ana.
Tamén tivemos a visita da teacher Mary, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos co seu conto de piratas.
Celebramos tamén a Semana da Prensa, elaborando unha portada por curso adicada a mulleres científicas, de distintos ámbitos da ciencia: biólogas, astrónomas, químicas, matemáticas, etc. Co resultado elaboramos un mural no corredor, que quedou así de ben!
domingo, 6 de marzo de 2022
8M: MOITO QUE CELEBRAR, MOITO QUE REIVINDICAR
viernes, 4 de marzo de 2022
UN ENTROIDO MOI MUSICAL
jueves, 3 de marzo de 2022
Dia da Paz 2022 no Cordo Boullosa!!!
miércoles, 23 de febrero de 2022
CHEGA O BAILE DE ENTROIDO!!
Neste Entroido temos moitas ganas de bailar. Curicuxa contactou cun gran profesional, Chito, que nos gravou unha "master class" para que movamos o corpo este venres de Entroido.
Así que, nenas e nenos, poñédevos a practicar esta fantástica coreografía.
BAILANDO COA NOSA ROSALÍA
jueves, 10 de febrero de 2022
NO DIA DA NENA NA CIENCIA CURICUXA CIENTÍFICA PRESENTA:
11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
A ONU no ano 2015 declarou o 11 de febreiro coma o "Día internacional da muller e a nena na ciencia".
Os principios que se defenden neste día serían:
- As mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía, e a súa participación debe fortalecerse.
- É necesario seguir visualizando e difundindo o traballo das científicas e fomentar a vocación investigadora das nenas.
- Hai que seguir poñendo en valor o traballo das mulleres científicas, mostrándoas como referentes para as novas xeracións de mozas.
- É preciso lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, acadando a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito.
- Hai que manter a loita contra os prexuízos e os estereotipos de xénero na ciencia e a tecnoloxía que condicionan e limitan os estudos das nenas.
- Débese seguir avanzando na incorporación efectiva dos criterios de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación para conseguir un verdadeiro cambio de paradigma no mundo científico. (Unidade da Muller e Ciencia da Xunta de Galicia)
viernes, 21 de enero de 2022
PREPARÁNDONOS PARA A PAZ
domingo, 9 de enero de 2022
DECORACIÓN DE BIBLIOTECAS DE AULA
Seguimos traballando e realizando actividades baseadas no PDI deste curso: Curinventos e outros experimentos.
Nestas imaxes queremos compartir con vós o resultado da decoración das nosas bibliotecas de aula. Esperamos que vos gusten!