sábado, 20 de diciembre de 2025

CALENDARIO DE DECEMBRO...AVANZAMOS CARA AS VACACIÓNS

Este ano dende a Biblioteca do Cordo chegou un agasallo!!!Un enorme calendario cargado de actividades molonas para o fomento da lectura, moitas novidades, actividades diferentes e recomendacións lectoras que fixeron desde calendario unha parada diaria para grandes e pequenos., un camiño entretido cara as vacación de Nadal!!!

Velaí vos vai un pequeno resumo dalgunas das sorpresas ao longo destes 19 días...



viernes, 19 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos desexarvos unhas BOAS FESTAS, recomendammosvos ademais non esquecer nestas vacacións a importancia da lectura e da lectura en familia, para iso propoñémosvos algúns títulos para incluir este Nadal nas cartas a Papá Noel e ás súas Maxestades.



  



lunes, 15 de diciembre de 2025

CLUBS DE LECTURA 1º TRIMESTRE

Tras a boa acollida en cursos pasados, continuamos cos nosos clubs de lectura, en diferentes formatos e con diferentes actividades pero facendo introducirse aos máis peques no fascinante mundo da lectura. 

viernes, 5 de diciembre de 2025

6 de decembro - Día da Constitución

Chega un ano máis o Día da Constitución e xa celebramos o seu 47º aniversario e medio século de democracia. Para esta ocasión, o alumnado de 4º EP quixemos homenaxeala con este podcast onde a Constitución cobra vida a través dunha entrevista onde podedes aprender moitas cousas sobre ela, velaí vos vai!!!

https://www.ivoox.com/player_ej_163731425_6_1.html?c1=ebdc54%22


Aquí tedes esta fotiño co primeiro exemplar que se enviou ás familias para ler e votar no 1978.



miércoles, 3 de diciembre de 2025

DÍA 3 DE DECEMBRO - DÍA DA DISCAPACIDADE

 O día 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade. Para este día o alumnado de 1° A creou un conto, gravouno na radio e tamén elaborou un video do conto cos seus debuxos.

Aquí tedes este fermoso traballo que agardamos vos emocione tanto como a nós!!!









viernes, 28 de noviembre de 2025

NOVEMBRO-MES DA CIENCIA EN GALEGO

Rematando xa o mes de novembro queremos facer un pequeno recap de todo o que os nosos colaboradores e colaboradoras de biblio aportaron a este mes da ciencia en galego.

Traballaron arreo ao longo de todo o mes para preparar unhas sesións de ciencias animadas, divertidas e moi participativas.

Aquí tedes algunhas das actividades.

GRAZAS A TOD@S!!!



martes, 25 de noviembre de 2025

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Hoxe martes, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º de Educación Primaria investigou sobre a orixe desta celebración tan importante e descubriu a importancia da historia das Irmás Mirabal coñecidas como “As tres bolboretas”. 

Con este Podcast queren facerlle unha gran homenaxe a Patria, Minerva e María Teresa. Convidámosvos a que escoitedes a súa historia no seguinte enlace.

https://www.ivoox.com/player_ej_162770863_6_1.html?c1=9c44e4


Aproveitamos para facervos as seguintes recomendacións lectoras relacionadas co 25N, animádeos a botarlles un olliño que ben seguro atoparedes lecturas marabillosas.



lunes, 24 de noviembre de 2025

ONDIÑAS NO CORDO

 Arrancamos a semana con boas novas!!!!! A nosa radio xa ten nome a logo. Velaquí vos presentamos ONDIÑAS NO CORDO,  a radio do Cordo Boullosa.

Aproveitamos para dar as grazas a todo o alumnado e ás familias pola participación e polas aportacións que fixeron posible este resultado final!!!

Esta é a nosa radio, a radio de toda a comunidade educativa!!!!



jueves, 20 de noviembre de 2025

20 DE NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DO NENO

 Dende curicuxa non queriamos esquecernos desta data na que se conmemoran os dereitos do neno; este 20 de novembro os peques de 4º de infantil visitaron a nosa radio para contarnos todas estas cousiñas.... Non perdades detalle!!!!!!! Pinchade no seguinte enlace para escoitalos!!

https://www.ivoox.com/player_ej_162713693_6_1.html?c1=ef216b%22


jueves, 13 de noviembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NOVEMBRO

 Chegou novembro, mes da ciencia en galego, e dende a biblio queremos facervos unhas recomedacións lectoras que ben seguro vos faran pasar unhas horas de lectura moi entretidas.



miércoles, 5 de noviembre de 2025

OBRADOIROS NA NOSA BIBLIOTECA

 Neste curso os colaboradores están máis activos que nunca, e non queren máis que traernos novidades e encher a nosa biblio de cativos e cativas dispostos a ter os ollos ben abertos e non perderse nadiña!!! Aquí podedes ver dous dos seus primeiros obradoiros que foron todo un éxito!!!



jueves, 30 de octubre de 2025

FESTAS DE OUTONO: CHEGA O MAGOSTO

 

Este ano, no CEIP Manuel Cordo Boullosa, celebraremos o Magosto aprendendo tamén sobre outras festas e tradicións de outono que se fan noutras comunidades de España. Investigaremos como se vive esta época noutras partes do país e descubriremos semellanzas e diferenzas co noso Magosto.


Unha boa maneira de gozar, compartir e seguir aprendendo xuntxs entre castañas, risas e amizades!

Aquí vos deixamos recursos de MAGOSTO, para que aprendades de xeito divertido!!


















HISTORIAS DE SAMAÍN

 Para poñer o broche final a esta terrorífica semana queremos compartir con vós estas misteriosas historias gravadas con moito agarimo dende a nosa nova radio!!!!

BO SAMAÍN A TOD@S!!!!!!

1º ciclo:

 https://www.ivoox.com/player_ej_161480773_6_1.html?c1=f37a2b

2ºciclo:

https://www.ivoox.com/player_ej_161559531_6_1.html?c1=f37a2b

3º ciclo:

https://www.ivoox.com/player_ej_161559584_6_1.html?c1=f37a2b





lunes, 27 de octubre de 2025

RECOMENDACIONES LECTORAS NO SAMAÍN

A ponte de samaín está moi preto...non sabes por que libro decidirte?? Dende a biblio queremos facilitarche o traballo....bótalle unha ollada ás nosas recomendacións!!!!

viernes, 24 de octubre de 2025

24 de OUTUBRO - DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe 24 de outubro temos moitas novidades que amosarvos!!!!

As nosas mochilas viaxeiras xa están renovadas e preparadas para comezar a súa viaxe cara as casas das nosas familias, para encher de historias e bos momentos todos esos fogares.


Pero hoxe ademais presentamos as nosas bibliotecas de aula que botan a andar  por España adiante, abrimosvos as nosas portas... O Cordo viaxa por España!!!!!



lunes, 20 de octubre de 2025

CLUBS DE LECTURA

 Comezan xa os nosos Clubs de lectura 2025, como en anos anteriores dende infantil ata 6º o alumnado poderán participar nas diferentes modalidades que presentaremos en breve dende as titorías.

Animádevos a participar nesta aventura!!!



viernes, 17 de octubre de 2025

XA CHEGA O SAMAÍN

O outono envolve o noso colexio cun aire especial… É tempo de Samaín, unha das festas máis antigas e máis fondas da nosa cultura galega.

Samaín é unha celebración de orixe celta que marcaba o final das colleitas e o inicio do inverno. Críase que, nestas datas, o mundo dos vivos e o dos defuntos se achegaban, e que as almas dos nosos familiares falecidos volvían visitar as súas casas. Por iso se acendían fogueiras e luces, para guiarlle o camiño ás ánimas e lembrar con agarimo a quen xa non estaba.

No CEIP Manuel Cordo Boullosa queremos manter viva esta tradición galega, unindo historia, emoción e aprendizaxe. Ademais de divertirnos, disfrazarnos e decorar o cole, o Samaín convídanos tamén a reflexionar sobre a perda e a dó, axudando ao alumnado a comprender estes sentimentos con naturalidade e respecto.

Durante estes días compartiremos recursos, contos, actividades e propostas creativas para que alumnado, profesorado e familias poidan gozar e aprender xuntos arredor do Samaín.

RECURSOS SAMAÍN de Chus Vázquez


E aquí tedes recursos in English para Infantil e o Primeiro Ciclo: 



lunes, 13 de octubre de 2025

Día das escritoras!!

Este luns, 13 de outubro, celebramos o Día das Escritoras. As nenas e os nenos de 4º descubrimos e investigamos un pouco sobre o papel pioneiro de Santa Teresa de Xesús como muller escritora na literatura española, unha literatura dominada naquela época (século XVI) por escritores masculinos. Co noso “podcast” queremos homenaxeala e convidarvos a descubrila a través dunha suposta entrevista que aborda algo da súa vida e de como a súa obra invita a sentir o seu inconformismo vital. Foi a primeira escritora que non so narraba historias, senón que fixo da escritura unha forma de liberdade de expresión de sentimentos profundos.

martes, 16 de septiembre de 2025

OBRADOIROS

 Un novo curso está en marcha, os obradoiros, que tanto éxito tiveron no seu inicio o curso pasado, volven con máis forza e algunha novidade!!!

Pero para ir abrindo camiño aquí vos deixamos os primeiros programas de radio feitos polos grupos maiores no curso 24-25. 

Grazas a todos polo estupendo traballo!!! Este ano... MOITO MÁIS!!!


lunes, 19 de mayo de 2025

ROMARÍA "NO CORDO GALICIA ACTÚA 2025"

 Para conmemorar o día das familias e para dar por finalizado o noso proxecto de centro, que mellor que compartir con todas as nosas familias os nosos traballos, así que con moito gusto e con moita emoción convidamosvos a tod@s!!!!!! NON FALTEDES!!!!



domingo, 11 de mayo de 2025

RECURSOS 17 DE MAIO LETRAS GALEGAS












LETRAS GALEGAS 2025: HOMENAXE ÁS CANTAREIRAS

O Día das Letras 2025 está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas.Estas cantareiras preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda.Xurdiron nas rogas, os traballos agrícolas de axuda mutua, rogas que remataban con música e baile e nos que as cantareiras eran as protagonistas. Para as representaren temos a:


Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda,

Eva Castiñeira Santos, de Muxía,

 e Manuela LemaTeresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido

 Ameixendaintegrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 

Con esta elección de representación colectiva de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.



AS CANTAREIRAS NO NOSO COLE

Dentro do proxecto 21 Días co galego, no noso colexio homenaxeamos ás cantareiras. Aquí vos deixamos os vídeos dalgunhas actuacións.

miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

 Sabedes que día é hoxe??? Hoxe non so é mércores e non so é 23 de abril....tamén é O DÍA DO LIBRO....e non vimos mellor forma de celebralo que con visitas tan especiais como esta...


Se queredes usar a plantilla da ficha....pinchade aquí:


Pero non quedou aí o noso traballo, a semana do libro deu para moito e velaí os inicios do alumnado de 1º na nosa radio aproveitando esta ocasión tan especial:

Recomendacións lectoras para o día do libro

O alumnado de 5º os vai a facer unhas recomendacións lectoras para celebrar o dia do libro!

viernes, 11 de abril de 2025

LEMBRANZAS DOS 21 DÍAS EN GALEGO

Boas familias!!!! non se nos ocorre mellor forma de dar a benvida a estas vacacións que dando as gracias a todos e a todas pola colaboración tanto nesta como no resto de actividades ao longo do trimestre, é marabilloso ver a vosa implicación para que isto siga adiante como o gran equipo que formamos toda a comunidade educativa. 

Aí vai o noso agradecemento.

Boas vacacións!!!!!!! 



sábado, 5 de abril de 2025

Caligramas primaverais

Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de 5°, saímos ao patio a facer unha sesión de escritura de caligramas inspirada na primavera. Despois elaboramos un mural coas nosas producións, gústavos?

viernes, 21 de marzo de 2025

Día da poesía 2025

 Este ano conmemoramos O Día da Poesía baixo o título “Manual de debuxo segundo Gloria Fuertes”. Así, ademais de apoiar á diversidade lingüística a través da expresión poética (con poemas en castelán, e con adaptacións ao galego e ao inglés), fomentamos a creatividade plástica. Os corredores das aulas acolleron unha exposición chulísima con todas as obras, velaí vai un breve resumo do noso traballo.



lunes, 17 de marzo de 2025

Día do Cómic 2025

Hoxe celebramos o día do cómic. Aqui vos deixamos algunhas recomendacións que podedes atopar na nosa biblio.

lunes, 24 de febrero de 2025

23 DE FEBREIRO

 Así homenaxeamos no cole á nosa autora máis destacada, un novo 23 de febreiro. 

Os materias que utilizamos nesta ocasión para usar cos nosos robots foron elaborados por terceiras persoas que os compartiron con nós, podes atopar moitos dos seus materiais na seguinte ligazón:

https://linktr.ee/alediciadamestra

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Hoxe 11 de febreiro o primeiro ciclo non quixo deixar pasar esta data para afondar nalgúns referentes femininos que traballan nesta área.


Se queres usar o documento podes pinchar no seguinte enlace para acceder a el:

https://drive.google.com/file/d/1COLj0xMe_sRKV3IhJLovSnC6ure6f4Js/view?usp=drive_link


sábado, 8 de febrero de 2025

21DÍASCOGALEGOe+ Reto LUNS 10: VISITA DE AVOAS E AVÓS


A continuación poderedes escoitar unha entrevista que lle fixo o alumnado do cole ás súas avoas e avós sobre algúns temas da infancia. Foi realizada no curso 2021-2022 Non a perdades!!