O outono envolve o noso colexio cun aire especial… É tempo de Samaín, unha das festas máis antigas e máis fondas da nosa cultura galega.
O Samaín é unha celebración de orixe celta que marcaba o final das colleitas e o inicio do inverno. Críase que, nestas datas, o mundo dos vivos e o dos defuntos se achegaban, e que as almas dos nosos familiares falecidos volvían visitar as súas casas. Por iso se acendían fogueiras e luces, para guiarlle o camiño ás ánimas e lembrar con agarimo a quen xa non estaba.
No CEIP Manuel Cordo Boullosa queremos manter viva esta tradición galega, unindo historia, emoción e aprendizaxe. Ademais de divertirnos, disfrazarnos e decorar o cole, o Samaín convídanos tamén a reflexionar sobre a perda e a dó, axudando ao alumnado a comprender estes sentimentos con naturalidade e respecto.
Durante estes días compartiremos recursos, contos, actividades e propostas creativas para que alumnado, profesorado e familias poidan gozar e aprender xuntos arredor do Samaín.
RECURSOS SAMAÍN de Chus Vázquez