Eres o visitante nº
lunes, 13 de octubre de 2025
Día das escritoras!!
Este luns, 13 de outubro, celebramos o Día das Escritoras. As nenas e os nenos
de 4º descubrimos e investigamos un pouco sobre o papel pioneiro de Santa Teresa
de Xesús como muller escritora na literatura española, unha literatura dominada
naquela época (século XVI) por escritores masculinos. Co noso “podcast” queremos
homenaxeala e convidarvos a descubrila a través dunha suposta entrevista que
aborda algo da súa vida e de como a súa obra invita a sentir o seu inconformismo
vital. Foi a primeira escritora que non so narraba historias, senón que fixo da
escritura unha forma de liberdade de expresión de sentimentos profundos.