jueves, 30 de abril de 2020

O DÍA DO LIBRO NO 1º CICLO

Pois este ano touconos pasar o 23 de abril🌹, o Día do Libro📖📖, nas nosas casiñas. E máis que nunca mergullámonos na lectura, xa que sabemos que é unha das mellores maneiras de viaxar, de coñecer, de vivir historias a través dos nosos libros favoritos.
E para amosarvos canto nos gustan os libros, aquí vos deixamos un vídeo no que estamos rodeados deles. Agardamos que vos guste😁.




E seguindo coa celebración do Día do Libro 📖🌹  as nenas e nenos de 2º B (SUPERPEQUES💪🌈) e as nosas familias puxémoslle voces a Mara e aos personaxes que aparecen no conto de Orellas de Bolboreta.