No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para lograr o acceso e a participación na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son obxectivos que a nosa biblioteca escolar está a traballar, a través de diferentes actividades que se impulsan dende a mesma.
Animávosvos a que investiguedes, e a que nunca perdades a curiosidade xa que é o principal motor da vosa aprendizaxe.
Curicuxa quérevos presentar a Sara García Alonso, unha bióloga molecular, que foi a primeira muller española candidata a astronauta na Axencia Espacial Europea. Fai clic na súa imaxe para saber algo máis.