Benvidas e benvidos a Bookflix, un espazo da nosa biblioteca escolar pensado para compartir o pracer da lectura. Nesta sección, o alumnado poderá recomendar os seus libros favoritos, descubrir novas historias e animar a outras persoas a mergullarse entre páxinas cheas de aventuras, emocións e coñecemento. A través das vosas propostas, converteremos a biblioteca nun lugar vivo, participativo e cheo de voces lectoras. Porque cada libro recomendado pode ser o inicio dunha gran viaxe para outra persoa.
