Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas.
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás.
De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro.
Foi unha mañá fantástica!!
Eres o visitante nº
jueves, 6 de febrero de 2020
miércoles, 29 de enero de 2020
Benvida Curicuxa!!
Que ilusión!!! A mascota de nosa Biblioteca, Curicuxa, acaba de tomar forma, da man de Nerea e da súa familia. Encantounos cando a vimos entrar polo corredor. Agora xa temos a nosa mensaxeira para que poida contarlle as nenas e nenos tódalas novas da Biblioteca.
Benvida Curicuxa!!!
Moitas grazas familia!!!
lunes, 27 de enero de 2020
OBRADOIROS DE NADAL
Este foi un Nadal moi ecolóxico👍. As nenas e nenos do colexio utilizamos materiais de refugallo para facer as decoracións, e ademais pintamos unhas bolsas de tecido para agasallar ás nosas familias. Dese xeito, xa non terán que utilizar as bolsas de plástico para ir de compras.
O noso lema foi:
🎄
No
Nadal
reduce
recicla
recicla
reutiliza
reACCIONa!!
LECTURAS DOS PADRIÑOS LECTORES DA PAZ
Neste mes de xaneiro as nosas madriñas e padriños viñeron cargados cunha morea de libros relacionados co día da PAZ que en breve festexaremos.
Nesta ocasión foron @s alumn@s de 3º e 4º @s que con moita ilusión leron una chea de contos e historias aos peques de 3 e 5 anos.
Nesta ocasión foron @s alumn@s de 3º e 4º @s que con moita ilusión leron una chea de contos e historias aos peques de 3 e 5 anos.
EN FEBREIRO, CO ENTROIDO, VOLVEREMOS CON MÁIS PADRIÑOS LECTORES!!!!!
ATA PRONTO!!!
domingo, 26 de enero de 2020
viernes, 17 de enero de 2020
Coreografía Día da Paz 2020
Aquí tedes a coreografía deste Día da Paz, cortesía do alumnado de 5º de primaria. Agora a practicar!!
martes, 26 de noviembre de 2019
AS NOSAS BIBLIOTECAS DE AULA
Como fase de motivación para o PDI deste curso 19/20, animámonos a decorar as nosas biblios de aula e quedaron así de ben!!!! Xa estamos preparados para aprender un montón de cousas!!!!
BIBLIOS DE AULA 19/20 from Audición y lenguaje on Vimeo.
lunes, 25 de noviembre de 2019
25 de novembro Día Internaciona da eliminación da violencia contra as mulleres
O alumnado de 4º tamén quixo dar un portazo á violencia de xénero
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
25 DE NOVEMBRO-1 from jmcarguez on Vimeo.
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou este vídeo no que nos falan dos dereitos da infancia.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
DEREITOS DAS NENAS E NENOS from jmcarguez on Vimeo.
viernes, 22 de noviembre de 2019
miércoles, 13 de noviembre de 2019
PADRIÑOS LECTORES NO SAMAÍN
A semana pasada, ademáis de participar nun roteiro de probas terroríficas, de desfrutar nunha estupenda festa de disfraces e de degustar un montón de sobremesas de outono, tamén adicamos algúns días aos nosos padriños e madriñas lectoras que visitaron aos peques de infantil cargados de contos de bruxas, pantasmas, cabazas... e moitos máis elementos do samaín.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



