CLICA NA IMAXE PARA CONSULTAR A GUÍA DE LECTURA
Eres o visitante nº
domingo, 29 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
LEMBRADE QUE CONTADES CUNHA BIBLIOTECA DIXITAL AO VOSO ALCANCE
Lembrade que contades cun acceso á biblioteca dixital PROXECTO ELBE2
Para poder usar esta aplicación tedes que descargala no voso equipo (pc, portátil, tablet ou smartphone), dende google play.
Clicando na imaxe poderedes acceder á páxina de inicio.
Clicando na imaxe poderedes acceder á páxina de inicio.
![]() |
| clina nesta imaxe para acceder á páxina de inicio |
lunes, 23 de marzo de 2020
O PROFE RAMÓN PREPAROUNOS ESTAS SESIÓNS PARA MANTERNOS EN FORMA
A idea destas unidade didáctica "EDUCACIÓN
FÍSICA DE ANDAR POR CASA" é de facer un mantemento global das
diferentes capacidades físicas.
As sesións
están deseñadas para que podan participar delas persoas de diferentes idades e
niveis, polo que se podería xogar con irmáns/ irmás maiores e tamén menores que
nós. Incluso tamén con adultos. Anímaste?
Se non podes
facer algunha actividade por problemas de material, compañía ou espazo... non
te preocupes! Cambia á seguinte e segue poñéndote en forma.
O material
empregado vai a estar presente habitualmente nas casas (botellas de plástico,
tapóns, caixas, paus...) De tódolos xeitos, algún material podes intentar
elaboralo ti (pide axuda). Verás que divertido!
É importante
que non vos desfagades do material elaborado, porque pode ser útil para
próximas sesións, ou ben para utilizalo no voso tempo de lecer.
ESTOU MOI ORGULLOSO DE TODOS E TODAS. ÁNIMO. A POÑERSE EN FORMA
martes, 17 de marzo de 2020
EU QUEDO NA CASA!
Ola familias!
Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríanos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com
Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!
Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!
Moitas grazas de antemán.
viernes, 13 de marzo de 2020
SUSPENSIÓN DAS XORNADAS LECTIVAS
Ante a falta de comunicación oficial por parte da Consellería de Educación, remitímosvos as declaracións feitas pola Presidente da Xunta de Galiza nas que anunciaba que a partir do luns, 16 de marzo, os centros educativos sunpenden todas actividades lectivas e complementarias durante catorce dias; e mañá a asistencia do alumnado é voluntaria.
Lembrade que para calquera dúbida, debedes consultar primeiro a páxina web do colexio e/ou os blogs de cada ciclo.
Estes son os enlaces:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. : http://www.edu.xunta.gal/portal/
WEB DO CENTRO: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/
BLOG EDUCACIÓN INFANTIL: http://cativoscaldelas.blogspot.com/
BLOG PRIMEIRO CICLO: http://primeirociclomanuelcordoboullosa.blogspot.com/
BLOG SEGUNDO CICLO: https://osconguitosdepontecaldelas.blogspot.com/
BLOG TERCEIRO CICLO: http://terceirociclocordoboullosa.blogspot.com/
jueves, 12 de marzo de 2020
OITO DE MARZO DÍA DA MULLER
O luns visitáronnos dúas mulleres que realizan a súa actividade profesional nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Amosáronnos que unha persoa, home ou muller, pode acadar aquilo que se propón, se se esforza e ten a vontade para facelo. Ser home ou muller non é nin debe ser unha barreira.
Moitas Grazas.
lunes, 24 de febrero de 2020
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE FEBREIRO
Boas familias!!!!!
Coincidindo con este breve descanso de entroido, deixámosvos un pequeno resumo coa visita dos padriños lectores neste mes de febreiro!!!!!
PADRIÑOS LECTORES FEBREIRO from Audición y lenguaje on Vimeo.
Coincidindo con este breve descanso de entroido, deixámosvos un pequeno resumo coa visita dos padriños lectores neste mes de febreiro!!!!!
PADRIÑOS LECTORES FEBREIRO from Audición y lenguaje on Vimeo.
jueves, 20 de febrero de 2020
O DÍA DE ROSALÍA
As familias xunto co alumnado de 4º colaboraron neste homenaxe a Rosalía de Castro polo día do seu aniversario, o 24 de febreiro.
Moitas grazas a todas as familias por colaborar.
martes, 18 de febrero de 2020
Greguerias!
Os menos e nenas de 5º B tiñen moito sentido do humor, por iso fixeron este libriño de greguerias e o comparten para que todo o mundo amén se poida rir.
Greguerias 5ºB from Noemi Seijas on Vimeo.
jueves, 6 de febrero de 2020
FLASHMOB DA PAZ
Fai clic aquí. para ver o fantástico baile que as nenas, nenos e mestrxs do cole fixeron na praza de España da nosa vila. Foi moi emocionante, porque había familias e veciñas e veciñas participando e aplaudindo.
Esta fermosa actividade organizámola para conmemorar o día da Paz, aínda que sabemos que a Paz hai que celebrala tódolos días: sendo máis empáticxs, tolerantes, mellores compañeirxs e poñendo o noso gran de area para construír un mundo máis xusto para tódalas persoas que o habitamos.
(A partires do minuto 1'41")
Esta fermosa actividade organizámola para conmemorar o día da Paz, aínda que sabemos que a Paz hai que celebrala tódolos días: sendo máis empáticxs, tolerantes, mellores compañeirxs e poñendo o noso gran de area para construír un mundo máis xusto para tódalas persoas que o habitamos.
(A partires do minuto 1'41")
AS NENAS E NENOS DE 1ºCICLO VISITAMOS O INVERNADOIRO
Grazas a Anpa poidemos facer unha interesante visita ao invernadoiro de Cáritas. Trátase dun horto ecolóxico, no que se mesturan varios cultivos, aproveitando a auga dunha mina cercana, e o traballo voluntario de varias persoas da vila.Unha destas persoas é Xosé, quen xunto con Vanessa, se encargou de servirnos de guía, explicándonos como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas.
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás. De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro. Foi unha mañá fantástica!!
Tamén visitamos un pequeno invernadoiro onde había sementeiras, e chamóunos moito a atención un estanque con rás. De volta ao colexio Vanessa explicounos como sementar. Agora temos varias plantas medrando no cole, que logo levaremos ao invernadoiro. Foi unha mañá fantástica!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









