Eres o visitante nº
miércoles, 25 de marzo de 2026
ANIMACIÓN Á LECTURA
martes, 17 de marzo de 2026
17 DE MARZO- DÍA DO CÓMIC
miércoles, 11 de marzo de 2026
PATRULLAS LECTORAS
Un curso máis, os nosos maiores non quixeron perder a ocasión de compartir xunto aos peques do cole un ratiño diferente de lectura compartida con estas xornadas de PATRULLAS LECTORAS das que vos deixamos unhas pincelas a continuación.
viernes, 6 de marzo de 2026
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER
O vindeiro domingo día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, aproveitamos esta data para homenaxear a mulleres extraordinarias. Unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que teñen desempeñado unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.
https://www.ivoox.com/player_ej_169360647_6_1.html?c1=9c44e3%22
lunes, 23 de febrero de 2026
23 DE FEBREIRO
Hoxe 23 de febreiro como ben sabedes conmemoramos o día de Rosalía. Nesta ocasión foi o alumnado de 6º de primaria o que elaborou un estupendo traballo sobre ela, a nosa escritora máis universal, que nesta data cumpriría anos e coincidindo co seu aniversario, amosámosvos este fermoso agasallo que nos brindan a toda a comunidade educativa.
Velaí vai!!!!
Aquí vos deixamos tamén o enlace ao podcast en Ondiñas no cordo, a nosa radio, a radio do Cordo, a radio de todos!!!!
https://www.ivoox.com/player_ej_168729419_6_1.html?c1=94c4cc%22
jueves, 19 de febrero de 2026
O DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO
viernes, 13 de febrero de 2026
13 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DA RADIO
Dende 2012, cada 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio, unha data proclamada polas Nacións Unidas para resaltar a súa importancia e resaltar a súa capacidade de chegar a todos os rincóns do planeta. Dende o Cordo, queremos unirnos a esta celebración e render a nosa particular homenaxe a este medio que nos acompaña cada día.
Compartimos con vós este marabilloso programa que realizaron os peques de 2ºB para todos os nosos oíntes dende "Ondiñas no Cordo".
https://go.ivoox.com/rf/168051197?utm_source=embed_audio_new&utm_medium=share&utm_campaign=new_embedsmiércoles, 11 de febrero de 2026
11 DE FEBREIRO - DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe 11 de febreiro...
viernes, 6 de febrero de 2026
CHEGA O ENTROIDO!
Esta semana, celebramos o ENTROIDO no noso colexio. Xa estamos preparadas e preparados para percorrer todo o territorio nacional con esta celebración.
Aquí vos deixamos un estupendo traballo do cole Anexa de Lugo, sobre como se celebra esta festividade polo resto de España,
viernes, 30 de enero de 2026
O DÍA DA PAZ
Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos no cole o DÍA DA PAZ e da NON VIOLENCIA; non podiamos esquecernos desta data tan significativa e de valorar todo o que conleva a palabra PAZ, por iso foron varias as actividades que realizamos, entre elas esta estupenda colaboración na nosa radio dos peques de 5ºA de infantil.
Agardamos que vos guste o marabilloso traballo que vos amosamos a continuación!!!
https://www.ivoox.com/player_ej_167292425_6_1.html?c1=54acec%22
lunes, 19 de enero de 2026
OBRADOIROS - A NOSA RADIO
Como ben sabedes, neste curso seguimos cos nosos obradoiros e non podía faltar neles o obradoiro de radio que tanto gusta entre o alumnado. Moito esforzo e moito traballo ao longo de todo o trimestre deron como resultado uns pequenos programas de radio realizados polo alumnado de 4º, 5º e 6º que vos amosamos a continuación, agardamos que vos gusten tanto como a nós.
Un saudiño!!
lunes, 12 de enero de 2026
FORMACIÓN E-LBE.2
E-LBE.2 é unha plataforma de lectura e préstamo dixital para centros incluidos en Plambe (plan de mellora de bibliotecas escolares). Esta plataforma ten como obxectivo principal ampliar as experiencias en relación á lectura de toda a comunidade educativa a través da lectura dixital. O Cordo é un dos centros que pertencemos dende fai xa varios anos a PLAMBE e queremos dar a coñecer esta ferramenta.
A través deste tríptico queremos facer chegar unha primeira toma de contacto coa plataforma a toda a nosa comunidade educativa coa que realizaremos ademais no vindeiro trimestre unha breve formación.



.jpeg)









