Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. Este ano o lema é "Tecendo comunidade". Dende o noso colexio queremos colaborar no tecido de redes entre familias, nenas e nenos, mestras e mestres, e outras persoas da comunidade educativa, e por iso comezamos a abrir a nosa Biblioteca polas tardes, durante as gardas do profesorado.
Agardamos que sexades moitas as persoas que visitedes a nosa Biblioteca, un espazo cheo de historias, aventuras, emocións, coñecemento e ilusión, no que os soños medran da man da nosa mascota, Curicuxa.
Polos corredores do noso colexio xa podemos ver algúns libros relacionados co PDI deste ano: "ParaOlímpicxs, nós".
Curicuxa, a nosa mascota da Biblio, puxo o cole patas para arriba este verán, porque estivo á procura de canto libro, conto, revista podía atopar, que tiveran relación co mundo do deporte.
Tamén aproveitou as vacacións para visitar librarías da contorna buscando novos títulos para traer á escola. Mercou algúns exemplares que en breve ocuparán o seu sitio nos estantes do corredor, que aínda locen un pouquiño baleiros.
Así que xa sabedes... agora tócavos a vós abrir eses libros e enchouparvos de aventuras deportivas, percorrer as cidades olímpicas e parolímpicas, coñecer as mascotas dos Xogos, entrenar o voso cerebro coa lectura e moito máis!!
E de seguro que Curicuxa Olímpica vai traer algunha sorpresiña!
Xa temos o noso recanto de "Lecturas terroríficas de outono" , con títulos nos que podemos atopar vampiros, bruxas, esqueletos e monstros. Animádevos e levádeos para clase!
"Ler historias de medo permítelles ás crianzas explorar e comprender as súas propias reaccións de medo nun entorno no que poden controlar ao seu ritmo. Isto resulta moi importante para que sintan que controlan a situación e para que a lectura sexa unha experiencia divertida e gratificante."
Nestas ligazóns podedes atopar material sobre o Samaín.
Comezamos este curso con moita ilusión, desexando reencontrarnos coas nosas compañeiras e compañeiros para compartir sorrisos e xogos, nas aulas e nos patios.
Este curso Curicuxa preparounos unha sorpresa: adicaremos o PDI aos xogos (Para)Olímpicos!! Hai xa catro anos non puidemos rematar este proxecto por mor da pandemia, así que este ano ímolo retomar con moitísimas ganas. Cambiamos Tokio por París, pero seguimos co mesmo espíritu deportivo, dispostxs a ser expertas e expertos neste tema tan interesante.
O lema é "ParaOlímpicxs, nós!" A que vos gusta moito? Ademais, Curicuxa agasallounos cunha medalla olímpica coa imaxe que vedes aquí enriba. Chulísima!!
Pois deste xeito tan deportivo comezamos, saíndo cara a meta que nos conducirá a novas aventuras.
Tódalas nenas e nenos teñen dereito a medrar en familia. Hoxe en día nas nosas aulas contamos cunha diversidade familiar moi ampla: familias tradicionais, monoparentais, homoparentais, adoptivas, acolledoras, reconstituídas, etc. E temos a responsabilidade de darlles cabida a todas e facer que o noso alumnado se sinta incluído, independentemente do modelo familiar ao que pertenzan.
O día internacional da familia xorde da conmemoración do ano internacional da familia, que foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1994.
No noso cole adicamos adicamos este mes ás familias, e contamos coa súa colaboración para realizar diferentes actividades con elas.
Aquí tedes as actividades da vindeira semana.
Grazas, familias!!
Aquí vos deixamos algúns contos coas familias como protagonistas.
E aquí tedes un fermoso conto para escoitar : "A MELLOR FAMILIA DO MUNDO".
Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta. Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?
O motivo polo que se elexiu esta data foi porque ese mesmo día no ano 1616 morreron
Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Foi a UNESCO a que elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e ás autoras e autores.
No cole organizamos varias actividades para conmemorar esta data tan importante.
Puxemos en marcha a nosa Bibliotecas sobre rodas no patio.
Visitounos "El Hematocrítico"
Fomos visitar a Biblioteca Municipal
Víctor Rivas agasallounos cun obradoiro de ilustración
Achégase o 8 de marzo, o Día da Muller, e aquí tedes a Curicuxa para propoñervos actividades para celebralo.
Ben sabemos que, como en tódalas conmemoracións importantes, non soamente hai que traballar ese día, senon tódolos días do ano. E nós así o facemos no colexio, cada día aprendemos a a respectarnos, querernos, axudarnos, para de maiores ser unhas boas persoas.
Pero como a Curicuxa lle gusta moito celebrar, aquí vos deixamos algunhas actividades moi interesantes para seguir traballando de cara a igualdade. Agardamos que o pasedes ben!
Esta é a proposta que ten Curicuxa para facer nestes días, xa que o noso PDI é sobre o cine, que mellor que ver algunha película con mulleres como protagonistas??
RECURSOS EN GALEGO PARA TRABALLAR NA AULA
AQUÍ podedes descargar material para Infantil e Primaria .
AQUÍ podedes descargar unha unidade didáctica para Primaria.
CONTOS DE IGUALDADE EN PAPEL
Este é o noso recuncho de lecturas pola igualdade. Dá gusto moverse polos corredores do cole e atopar estes espazos cheos de vida, de aventuras, de historias que nos fan imaxinar e que tamén nos axudan a medrar.
CONTOS PARA VER E ESCOITAR
VÍDEOS PARA ENTENDER MELLOR POR QUE SE CELEBRA ESTE DÍA.
O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, para homenaxear a nosa escritora e poeta galega. Rosalía naceu neste día, no ano 1837. A publicación dunha das súas obras máis coñecidas, Cantares galegos (1863), tamén marcou a data da celebración dun día moi importante para a nosa lingua. Sabes cal é?
Pois si! O 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Aquí vos deixamos algunhas actividades para que poidades lembrar a Rosalía, e gozar cos seus poemas.
BIOGRAFÍA
Podedes coñecer a biografía da nosa escritora neste vídeo realizado polo alumnado do CEIP Juan Rey
ACTIVIDADES EN PAPEL
Aquí podedes acceder a UNIDADES DIDÁCTICAS en formato PDF para imprimir.
No ano 2015, a ONUestableceu un Día Internacional para lograr o acceso e a participación na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son obxectivos que a nosa biblioteca escolar está a traballar, a través de diferentes actividades que se impulsan dende a mesma.
Animávosvos a que investiguedes, e a que nunca perdades a curiosidade xa que é o principal motor da vosa aprendizaxe.
Curicuxa quérevos presentar a Sara García Alonso, unha bióloga molecular, que foi a primeira muller española candidata a astronauta na Axencia Espacial Europea. Fai clic na súa imaxe para saber algo máis.