|
Hans Christian Andersen |
H. C. Andersen naceu en Ondense, Dinamarca, o 2 de abril de 1805, despois de 207 anos as súas historias aínda siguen sendo as preferidas de moitos nenos e nenas en todo o mundo.
Pertencía a unha familia pobre e humilde. Con 14 anos trasladouse a Copenhague para traballar no teatro. A pesar de non ser moi bo actor, tivo a sorte de coñecer ao director do teatro Jonas Collin, que se convertiu no seu protector. Coa súa axuda completou os seus estudos e iniciouse na carreira literaria.
O seu primeiro éxito chegoulle en 1835 coa novela "O Improvisador", inspirada nunha viaxe que realizou por Italia, grazas a unha beca que lle deron para completar os seus estudos.
Ese mesmo ano apareceron as dúas primeiras edicións de "Historias de aventuras para nenos" ás que seguiron varias series de historias curtas máis parecidas a novelas que a contos. Escribiu máis de 1260 contos moitos deles traducidos a máis de 100 idiomas.