Acompañáronnos na visita Ana e María, encargadas da Biblioteca, que nos explicaron moitas cousas. Unha das cousas que máis lles chamou a atención ás nenas e nenos foi que o edificio da Biblioteca antigamente era unha cárcere. Nos aseos as ventás conservaban as reixas orixinais.
Tamén nos contaron que cando o río traía moito caudal, as celas enchíanse de auga.
Ás nenas e nenos gustoulles especialmente a sá de lectura, moi acolledora, e a de ordenadores, estaban desexando poder usalos.
No día da visita cada un recibiu o seu carnet de usuario da Biblioteca.
Voltaron para o colexio encantados!