sábado, 24 de octubre de 2020

24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares.


 Hoxe, 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares
"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa queremos celebralo con toda a comunidade escolar e para iso creamos un póster con códigos QR para que poidades acceder aos contidos cos vosos dispositivos móbiles.

Levamos días traballando dende o "cole" para achegar a Biblioteca a todos os fogares. 

Agardamos que vos guste e que disfrutedes deste día!!