domingo, 25 de octubre de 2020

Samaín 2020

 Curicuxa e os seus amigos xa están preparando o Samaín!!!

E convídanvos a celebralo tamén organizando unha exposición de cabazas terroríficas.
Como podedes participar?

1. Decorade as vosas cabazas de forma orixinal e arrepiante.

2. Sacade unha foto da vosa cabaza na que tamén se vos vexa a cada un de vós.

3. Enviade a vosa foto ao correo de Curicuxa: curicuxa@gmail.com
 (prazo: ata o mércores 28 de outubro inclusive)

4. Faremos unha exposición virtual no blogue con todas as fotografías recibidas.

Animádevos a participar!!!