lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

 QUE MELLOR XEITO DE DISFRUTAR DO NADAL QUE A TRAVÉS DA LECTURA!!!

A nosa querida Curicuxa proponnos unha selección de libros para ler este Nadal e para pedir de agasallo a Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020 

  


viernes, 20 de noviembre de 2020

 Así celebramos o MAGOSTO este ano!!!!



Pincha no seguinte enlace:




miércoles, 18 de noviembre de 2020

Conto a cachos polo Samaín

 


Pincha aquí:


PADRIÑOS LECTORES NO MAGOSTO

 Chegou novembro:  o mes dos ourizos, das castañas, do tan esperado magosto e por suposto... o mes da visita das madriñas e padriños lectores con contos do outono e o magosto.

Nesta ocasión foron os alumnos/as de 5º os que visitaron aos de 5º de infantil...mirade que atentos!!!!



lunes, 2 de noviembre de 2020

Teatro polo Samaín!!!


Big Pumpkin

O profesorado do CEIP Manuel Cordo Boullosa representou unha obra teatral ante o 

alumnado de educación infantil da que poideron disfrutar tod@as gracias a 

retransmisión en directo mediante Cisco-Webex.

Compartimos a obra no Blog coa intención de compartila tamén coas familias.


Big Pumpkin

sábado, 31 de octubre de 2020

PADRIÑOS LECTORES EN SAMAÍN

 Como cada ano os máis pequerrechos do cole teñen a visita dos seus padriños e madriñas lectoras cos que pasan un tempiño moi divertido escoitando as historias que lles traen!!!

Este ano aquí están de novo, con novidades evidentes pero coas mesmas ganas!!! Veredes que atentos estiveron os nenos e nenas de 6º de infantil mentres escoitaban as historias de bruxas, vasoiras e encantamentos que narraban os rapaces e rapazas de 4º.



viernes, 30 de octubre de 2020

Exposición cabazas Samaín 2020

Un ano máis dende o CEIP Manuel Cordo Boullosa celebramos o Samaín por todo o alto.
Unha das actividades propostas foi a creación dunha exposición virtual coas fotos das cabazas que nos foron enviando as nenas e os nenos do centro.
Agardamos que vos guste!!!


 

domingo, 25 de octubre de 2020

Samaín 2020

 Curicuxa e os seus amigos xa están preparando o Samaín!!!

E convídanvos a celebralo tamén organizando unha exposición de cabazas terroríficas.
Como podedes participar?

1. Decorade as vosas cabazas de forma orixinal e arrepiante.

2. Sacade unha foto da vosa cabaza na que tamén se vos vexa a cada un de vós.

3. Enviade a vosa foto ao correo de Curicuxa: curicuxa@gmail.com
 (prazo: ata o mércores 28 de outubro inclusive)

4. Faremos unha exposición virtual no blogue con todas as fotografías recibidas.

Animádevos a participar!!!



sábado, 24 de octubre de 2020

24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares.


 Hoxe, 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares
, "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

Desde o CEIP Manuel Cordo Boullosa queremos celebralo con toda a comunidade escolar e para iso creamos un póster con códigos QR para que poidades acceder aos contidos cos vosos dispositivos móbiles.

Levamos días traballando dende o "cole" para achegar a Biblioteca a todos os fogares. 

Agardamos que vos guste e que disfrutedes deste día!!